Un día, ao chegar de educación Física, chegamos á clase, e a profe Mary Carmen, toda contenta, anunciounos:
_Alguén de 6º A gañou no concurso das mascotas do tríatlon...Adiviñades quen???
Todos amosamos un sorriso, mas non diciamos nin pío...
Entón, a profe, mirou para min... Pero eu non pensaba que era eu...
-Quen, eu???, exclamei incrédulo...
A profe lanzou un claro SIIII...E por detrás miña, unhas voces berraban:
_Parabéns, Dani,moi ben , presi...!!!
Eu non o podía crer... O primeiro clasificado da categoría B (de 9 a 12 anos)...Xa estaba desexando que chegara o día da entrega de premios...
Cando por fin ese día chegou, o martes 3 de maio, estaba nerviosísimo... Ás doce da mañá, miña nai veu buscarme á escola, pois ás 13,30 tiñamos que estar na casa do concello ... Cheguei á casa e cambieime o máis rápido posible. Coas présas, case poño a camisa do revés...
E a miña nai, histérica:
- Bule, que non chegamos... Peitéate...
Xa chegados ao concello, encontramos ao director... E unha señora, moi amable, por certo, indicounos o camiño. E por fin chegamos a dentro dunha sala... Aquela fría e aburrida sala... Sentáronnos arredor dunha mesa,a esperar...
Cando xa deu comezo a entrega de premios, eu non paraba cos nervios...Estaba todo o tempo xirando na cadeira...
Por fin!!! Xa me tocaba!!! Ao escoitar o meu nome, fun correndo a polo premio... E voltei para o meu sitio cun sorriso de orella a orella... Sentía unha emoción...Estaba satisfeito de min mesmo...
Xa na casa miña nai comentou que estaba moi orgullosa de min.
Eu, tamén me sentía moi orgulloso de min mesmo...
E aquí podedes ver un vídeo da entrega de premios, gravado por meu pai. Alicia Fernández Couto unha compañeira miña de 6º A subiuno a youtube:
Daniel Fraguas Viéitez
Alicia Fernández Couto 6ºA