jueves, 7 de abril de 2011

EXCURSIÓN A ASTURIAS E CANTABRIA

Este ano tócanos ao alumnado de ir de excursión (con ela despedimos a primaria), e sabedes onde fomos?
A... ASTURIAS!!! e a... CANTABRIA!!!
Fomos na compaña das profes Beli e Hilda e do profe Victoriano.
O primeiro día visitamos o MUJA, o Museo Jurásico de Asturias. Alí aprendemos moito sobre os dinosauros: como distinguilos, a súa anatomía, e distintos datos interesantes sobre o seu comportamento, como se aparean e un millón de nomes de dinosauros...
Ao rematar coa visita compramos uns detalliños, QUE CAROS ESTABAN!!!
Mercedes, a condutora do autobús subiu e arrancou...
Ao chegar a Comillas o primeiro que fixemos foi ir ao hotel, descargar a maleta e ir cara ao banquete que nos agardaba,mummmmmmmmmmmmm...
Xa no día seguinte, levantámonos para ir ao Parque da Naturerza de Cabárceno, unha paisaxe impresionante, formada por 750 hectáreas o parque está feito sobre unha mina de ferro a ceo aberto.
Observamos moitos animais, cebras, elefantes, antílopes, e demais...
Pero... o que máis nos gustou foi o espectáculo dos leóns mariños, pois se lle chamabas "focas".. Botábanche a lingua, incríble!!! E moitos trucos máis moi interesasntes...

4 comentarios:

  1. Que ben o pasamos. Os profes foron moi bos con nos e todo foi inolvidable, xa nos gustaría ir outra vez

    ResponderEliminar
  2. tienes razón en lo bien que lo pasamos, no sé quien eres, pero estoy de acuerdo.
    los profes de 6ºb estuvieron geniales con todos
    la profe Hilda tambien fue estupenda

    ResponderEliminar
  3. A min gustoume moitisimo e... gustaríame repetilo pero... o que menos me gustou foi que a nosa profe Mª Carmen non estivera alí para ver o ben que o pasamos.

    ResponderEliminar
  4. por min pasamos o resto da miña vida de excursions de fin de curso eu encantado

    ResponderEliminar