viernes, 29 de abril de 2011

CONCURSO CREACIÓN MASCOTA TRIATLÓN


Un día, o Concello de Pontevedra, propuxo a todos os escolares inventar unha mascota para o Campeonato de Europa de TRIATLON, que se vai celebrar ... Proximamente en Pontevedra, a nosa bonita cidade!!!
Todos collemos a idea con, moitísimo entusiasmo! E axiña nos puxemos a traballar!!! Aproveitabamos as horas de Plástica ou calquera outro momento que tiñabamos libre na clase.
Os debuxos estaban inspirados nas modalidades de TRIATLON: a natación, o ciclismo e a carreira a pé, e estaban baseados en animais e en outros seres, divertidísimos!!!
Todos eran chulísimos e como sempre moi coloridos !!!

Dani deboxou un centolo:" O Centoleiro" e conseguiu "O 1º premio " da nosa categoría (de 9-12 anos).
Ben por nós!!!! E parabéns a Dani!!!
Aquí vos deixamos as nosas creacións...
Esperamos que vos gusten!!!
RISOS




Sabela Martínez e Nerea Bazarra 6ºA

jueves, 7 de abril de 2011

EXCURSIÓN A ASTURIAS E CANTABRIA

Este ano tócanos ao alumnado de ir de excursión (con ela despedimos a primaria), e sabedes onde fomos?
A... ASTURIAS!!! e a... CANTABRIA!!!
Fomos na compaña das profes Beli e Hilda e do profe Victoriano.
O primeiro día visitamos o MUJA, o Museo Jurásico de Asturias. Alí aprendemos moito sobre os dinosauros: como distinguilos, a súa anatomía, e distintos datos interesantes sobre o seu comportamento, como se aparean e un millón de nomes de dinosauros...
Ao rematar coa visita compramos uns detalliños, QUE CAROS ESTABAN!!!
Mercedes, a condutora do autobús subiu e arrancou...
Ao chegar a Comillas o primeiro que fixemos foi ir ao hotel, descargar a maleta e ir cara ao banquete que nos agardaba,mummmmmmmmmmmmm...
Xa no día seguinte, levantámonos para ir ao Parque da Naturerza de Cabárceno, unha paisaxe impresionante, formada por 750 hectáreas o parque está feito sobre unha mina de ferro a ceo aberto.
Observamos moitos animais, cebras, elefantes, antílopes, e demais...
Pero... o que máis nos gustou foi o espectáculo dos leóns mariños, pois se lle chamabas "focas".. Botábanche a lingua, incríble!!! E moitos trucos máis moi interesasntes...