lunes, 9 de mayo de 2011

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO MASCOTA Campeonato Europeo de Tríatlon

Un día, ao chegar de educación Física, chegamos á clase, e a profe Mary Carmen, toda contenta, anunciounos:
_Alguén de 6º A gañou no concurso das mascotas do tríatlon...Adiviñades quen???
Todos amosamos un sorriso, mas non diciamos nin pío...
Entón, a profe, mirou para min... Pero eu non pensaba que era eu...
-Quen, eu???, exclamei incrédulo...
A profe lanzou un claro SIIII...E por detrás miña, unhas voces berraban:
_Parabéns, Dani,moi ben , presi...!!!
Eu non o podía crer... O primeiro clasificado da categoría B (de 9 a 12 anos)...Xa estaba desexando que chegara o día da entrega de premios...
Cando por fin ese día chegou, o martes 3 de maio, estaba nerviosísimo... Ás doce da mañá, miña nai veu buscarme á escola, pois ás 13,30 tiñamos que estar na casa do concello ... Cheguei á casa e cambieime o máis rápido posible. Coas présas, case poño a camisa do revés...
E a miña nai, histérica:
- Bule, que non chegamos... Peitéate...
Xa chegados ao concello, encontramos ao director... E unha señora, moi amable, por certo, indicounos o camiño. E por fin chegamos a dentro dunha sala... Aquela fría e aburrida sala... Sentáronnos arredor dunha mesa,a esperar...
Cando xa deu comezo a entrega de premios, eu non paraba cos nervios...Estaba todo o tempo xirando na cadeira...
Por fin!!! Xa me tocaba!!! Ao escoitar o meu nome, fun correndo a polo premio... E voltei para o meu sitio cun sorriso de orella a orella... Sentía unha emoción...Estaba satisfeito de min mesmo...
Xa na casa miña nai comentou que estaba moi orgullosa de min.
Eu, tamén me sentía moi orgulloso de min mesmo...




E aquí podedes ver un vídeo da entrega de premios, gravado por meu pai. Alicia Fernández Couto unha compañeira miña de 6º A subiuno a youtube:



Daniel Fraguas Viéitez
Alicia Fernández Couto 6ºA

25 comentarios:

  1. Me alegro moito por Dani,é un gran compañeiro e moi bo pintor.

    ¡¡¡¡¡¡ VIVA DANI !!!!! ¡¡¡¡VIVA!!!! =)

    ResponderEliminar
  2. Guillermo García 6ºA9 de mayo de 2011, 12:45

    Parabéns Daniel!!! Todos os da clase estamos moi orgullosos de ti.

    ResponderEliminar
  3. Normal que estiveses nervioso Dani, estar alí é algo mítico e lexendario.
    Parabéns! e agora tés que celebralo...

    ResponderEliminar
  4. Tés que fotocopiar o vale que che deron para comprar complementos de deporte para nós, que para ir a ximnasia imos escasos de materiais.
    Parabéns!!! :)

    ResponderEliminar
  5. Iria Blanco 6ºA9 de mayo de 2011, 12:57

    Parabéns Daniel!!!!!Alégrome moito por ti e por Centoleiro e tamén de que por primeira vez o colexio grazas a ti gaña unha categoría no tríatlon!!Noraboa!!!!

    ResponderEliminar
  6. Moi ben Dani, estás feito un artista.Pois o teu debuxo tivo moito éxito!!!

    ResponderEliminar
  7. Jorge Ligero Mallo 6º A9 de mayo de 2011, 13:08

    Ben,Dani dános moi boa imaxe. Oxalá gañes máis premios.
    A ver se eu tamén gaño algo.

    ResponderEliminar
  8. David Diz Cortegoso 6ºA9 de mayo de 2011, 13:14

    Estamos moi orgullosos de ti...
    Esperamos que gañes moitos máis premios... Apoiámoste¡¡¡

    ResponderEliminar
  9. Moi ben Daniel¡¡Estamos moi orgullosos de ti,esperamos que sigas recibindo premios...

    ResponderEliminar
  10. ¡Dani vas a converterte nun pintor famoso! Se segues así vas encher a casa de premios...

    ResponderEliminar
  11. Estefanía 6º A9 de mayo de 2011, 13:25

    Dani, moi ben!!! Gañaches por facelo tan ben, estaba moi orixinal...

    ResponderEliminar
  12. A verdade é quue Dani está feito un artista profesional!!! Paravens Dani!!!
    Risos...

    ResponderEliminar
  13. Noraboa, Dani!!! Merecelo moitísimo!!! Disfruta dese premio que che deron e...Xa verás como vas ser un gran pintor.

    ResponderEliminar
  14. Parabéns, Dani! Estou moi orgulloso de ti. Cando vin por primeira vez o teu debuxo xa souben que ías levar algún premio, merécelo!!!

    ResponderEliminar
  15. Grazas a todos por comentar tanto...E tamén grazas a ese "ánonimo"que acaba de comentar...
    Non queres dicir quen es??
    Un abrazo para todos
    Dani

    ResponderEliminar
  16. Noraboa Dani, estamos moi orgullosos de ti... Pero me gustaría máis que gañases o primeiro premio da categoría...

    ResponderEliminar
  17. Sergio Ligero Mallo 6ºA9 de mayo de 2011, 13:47

    O presi gañou co seu magnífico Centoleiro.

    ResponderEliminar
  18. Sabela Alicia 6ºA9 de mayo de 2011, 13:52

    Que sorte Dani, pero non é sorte, é que es un moi, moi, moi bo debuxante...
    ¡¡¡PARABÉNS DANI E PARABÉNS CENTOLEIRO!!!

    ResponderEliminar
  19. A Dani a súa mascota quedoulle muito bem!!!

    ResponderEliminar
  20. Compañeiros do cole do meu fillo:
    os dou as grazas de todo corazon polas palabras de apollo e agradecimiento,polas cousas lindas que lle dicides.Estou moy orgullosa dos compañeiros do meu fillo POR APOLLALO sempre:un beso para todos PILI

    Nos os pais e a irma:
    Queremos facerlle sentir a Dani que nos sentimonos moi contentos e orgullosos do noso FILLO.
    UN ABRAZO PARA TODOS OS DE 6ºA Y PARA SUA PROFESORA QUE E ESTUPENDA...E MOITAS GRAZAS.
    A NAI DE DANI
    PILI

    ResponderEliminar
  21. Son eu de novo..................Daiiiiiiiiiiiiiiiiiiii,Dannnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnni....CENTOLEIROOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO!!!!!!

    ResponderEliminar
  22. A verdade é que todos están feitos uns artistas...
    E todos os traballos están elaborados con moita ilusión e querendo amosar o mellor de cada un...
    Esta vez foi Dani o que recibiu o premio, moi merecidamente...Parabéns a Dani polo premio e a todos os da clase por felicitalo e animalo con todas as mensaxes...
    Ánimo e a seguir así... Que xa queda pouco...
    Risos...

    ResponderEliminar
  23. Parabens Danii eu son doutro colexio e unha compañeira miña quedou terceira
    PARABENS!!!!!!!

    ResponderEliminar
  24. Moitas grazas Tania en nome de Dani, e de todos os que participamos no blogue polo teu comentario...

    ResponderEliminar