martes, 21 de junio de 2011

Festival de fin de curso 1


O día do festival de fin de curso houbo algúns compañeiros e compañeiras que non puideron asistir por diferentes razóns. A nós deunos moita pena porque pasaran os recreos ensaiando e ao final non puideron bailar... Pero nas súas competicións quedaron moi ben clasificados...
Estefanía quedou 3ª no campionato galego de taekwondo, Maruxa quedou 4ª nos campionatos galegos de ximnasia rítmica, e o equipo de Dani quedou 3º no campionato nacional de fútbol 7...


Ah!! E ...Sabedes que ??? Pedro rompeu un brazo poucas horas antes do festival!!!!!! Coa ilusión que el tiña por bailar... Xa lle pasara o mesmo o ano pasado !!!!! Que fatalidade !!!!!
Aínda así, con brazo roto e todo foi o noso cámara... Xa vos amosaremos despois o vídeo gravado por el!!!!!! Está destinado a ser cámara !!!!!!!

Esperamos que vos guste!!!!!!!!

Sonia Rey, Sabela Alicia, Jorge Ligero, Iria Blanco, Sabela Martínez, Estefanía Alonso, Ana Lozano, Enrique Cortizo.
6ºA

5 comentarios:

  1. O pobre Pedro ten unha mala sorte... Os dous anos que tiña a ansia de bailar vai e rompe o brazo, e ademais o mesmo... Pedro recupérate rapidiño.
    Risos...

    ResponderEliminar
  2. Ah!!! Por certo Pedro, parabéns!!! Ti xa sabes porque...

    ResponderEliminar
  3. Hai Pedro mira que facerse un esguince o día do cumpleanos...Que mágoa!

    ResponderEliminar
  4. Estou de acordo en iso isma , que mala pata.Bueno mañá é un bo e malo día o bo e que realizaremos a merendola e a mala e ... que xa e a hora de marchar.bueno muito bem polos que foron competir.
    RISOS...

    ResponderEliminar
  5. Nerea, tes razón!!! Mañá é un día bo e un día menos bo!!!
    Risos...

    ResponderEliminar