Fai un tempo os rapaces e rapazas de 6ºA fomos contarlles un pouco da vida e obra de Mondrian ao alumnado de Infantil 5 anos A.
Ao principio estabamos un pouco cortados, pero pouco a pouco collemos confianza e soltámonos. As caras dos nenos e nenas amosaban entusiasmo polo que estaban a escoitar e algún atrevíase a facer comentarios espontáneos.
Nós, ao final, sentímonos mois satisfeitos polo noso traballo e resultado:
Aplaudíronnos moito!!!
¡Aah! Ata descubrimos uns debuxos que fixeramos nós cando tiñamos 5 anos:
¡¡Que emoción!!
Estas son as imaxes dese dia...
E chegou o día de levar a cabo o taller de confección das axendas.
Recollemos o alumnado de Infantil na aula de informática e marchamos cara ao laboratorio.
Alí cada un de nós encargábase de axudar a un neno ou a unha nena na elaboración da súa axenda...
Fixérono moi ben e non precisaron de tanta axuda como nós pensabamos nun principio...
Encantounos a experiencia e quereriamos repetila!!!
¡¡Que ben o pasamos!!!
Velaquí tedes as fotos:
O noso compañeiro Pedro Bastos Recarey de 6º A gravounos estas imaxes do noso traballo... E a nosa compañeira Alicia Fernández Couto tamén de 6ºA subiunas a Youtube... Desexamos que vos gusten...
Esperamos os vosos comentarios!!!
Sabela Martínez Filgueira, Nerea Bazarra López, Iria Civeira Cerviño, Maruxa Campos Rodríguez, Sabela Alicia Iglesias Sánchez, Alicia Fernández Couto, Ana Lozano Ferreira e Pedro Bastos Recarey 6ºA
¡Que ben estan as axendas¡ 6 a
ResponderEliminarRecordo que eu tiña dous nenos, e non era capaz de atendelos aos dous. Pero foi divertido e gustaríame repetilo outro día.
ResponderEliminarOla Ana,
ResponderEliminaré verdade!!! algúns de vós tiñades 2 persoas a quen atender... pero eu penso que vos arreglastes
"muito bem"... Risos...
A min gustoume moito estar cos rapaces de cinco anos.
ResponderEliminarque ven traballades!, gustoume moito esa actividade entre os dous cursos, a as axendas son unha chulada.Felicito aos chicos de 6º e de cinco anos.
ResponderEliminarProfe Susi do cole de Xeve
Ola, profe Susi, moitas grazas, a verdade que si, que traballaron moi ben... E as axendas quedaron chulísimas...
ResponderEliminarAo rematar a actividade todos diciamos que queriamos que as nosas axendas fosen como esas...
Uns nenos moi moi bos.. unhas exporiencia moi dibertida e sobre todo un resultado final...
ResponderEliminar¡¡¡¡¡PRECIOSO!!!!!
Foi unha experiencia estupenda...a clase de 5 anos A está moi agradecida polas axudas recibidas. Esperamos repetir con algunha outra proposta de colaboración... As axendas están en marcha e todos os días traballamos con elas para poñer o enderezo e o teléfono da encargada ou encargado do día. En pouco tempo veredes como quedan. Felicidades tamén pola montaxe de fotos e video, mañán mesmo verémola na nosa aula. Saúdos
ResponderEliminarPasámolo moi ben facendo esas axendas,que quedaron esplendidamente.
ResponderEliminarOla, profe Maite...
ResponderEliminarMoitas grazas polo comentario e polas felicidades...
A verdade é que todo o mundo quedou encantado coa experiencia que foi moi enriquecedora... Estamos desexando repetir...Ainda que quedemos outra vez sen recreo... :-))
Facíame graza un rapaziña que lle estaba dicir ao meu compañeiro, que puxera as figuriñas rapidísimo, e el xa non savía o que facer.
ResponderEliminar¡¡¡Hola,a todos!!!...
ResponderEliminarQue ben esta este blogue,eu estarei con neumonía pero veo que o pasades moi ben ...Risos...xa temos máis visitas e grazas ha:Profe Maite de 5 anos "A" e a Profe Susi do colexo de xeve¡¡¡GRAZAS POR VISITARNOS!!!Espero que os gostara moito.
UNS "ABRAÇOS" A TODOS
E¡¡¡MUITO BEM!!
O ALUMNO DE "6ºA"!!!
Daniel Fraguas Viéitez
sinto ver aun o blogue por que e un pouco tarde tiña que haberme enterado antes...Risos... :-)
¡¡¡O meu compañeiro só xoguaba coa goma de Sara!!!...Risos...
Ola, Daniel, como estás???
ResponderEliminarPolo que vexo, xa muito mellor!!!
Esperamos que te recuperes...
Non podes perder a excursión!!!
A ver se para a semana estás mellor!!!
Risos... e bicos de toda a clase.....
A Profe Mª carmen
Agora que volveu Dani xa cambiou a cousa, non?
ResponderEliminarPois agora xa pode ir a excursión!!!
Risos...
Pois si... Tedes razón!!!... Que ben que Dani xa está ben!!! E agora que xa pasaron os exames...
ResponderEliminarXa podedes pensar tranuilamente na excursión...
Que pena que eu non poida ir.....
Quero enviar desde o blogue un biquiño para Nerea
ResponderEliminarque estes días non se atopa alá "muito bem"...
Ánimo, Nerea a poñerse boa... Que xa ven aí a excursión... Risos...
A Profe
Iso aver se non estás mal para ese día pero eu supoño, que non vas faltar a escursion porque e unha viaxe que estamos desexando realizar dende fai xa muito tempo.
ResponderEliminarESPERAMOSTE O LUNS
BICOS :)