jueves, 28 de julio de 2011

Os Nosos Retratos 6º A

Lembrades aqueles retratos que debuxaramos xa hai algún tempo???
Ao final non puideron ser publicados no seu momento.....
Mais agora parece que lles chegou a hora...
Non están todos, fixen unha pequena selección...

Como perdín a "chuleta" cos nomes dos autores e os títulos, deixei os artistas sen nomear e "rebauticei" os retratos... Espero que vos gusten os títulos que elexín...
Aquí volos deixo:


martes, 19 de julio de 2011

"Cambio de look"

Como estades a ver, estes días decidinme a darlle un pequeno "cambio de look" ao blog...
Tamén deixo no lado dereito, os nosos vídeos, os vídeos que fomos elaborando ao longo do curso, por se queredes volvelos a ver e que non teñades que estar a buscalos polo blog adiante...

Por suposto non podían faltar os vídeos dos nosos bailes de fin de curso: o de 5º e o de 6º...
Por certo, que o baile de 6º está sendo todo un éxito en Youtube!!! 
Fantástico!!!!
Risos

lunes, 11 de julio de 2011

Unha Bolboreta Azul, Testemuña Das Nosas Vivencias

Repasando todo o que nos tiña acontecido ao longo do curso, de repente unha imaxe chegou ata min: era moi sinxela, pero moi bonita, a imaxe dunha bolboreta azul coas súas ás abertas e pousada sobre unha planta…Unha bolboreta azul, que seguro que agora todos vós, os de 6º A teredes tamén na mente: esa bolboreta azul que tanto nos gustaba!!! E que aparecía sempre que encendiamos o ordenador da nosa aula…
Foi entón cando me decatei de que ela, esta linda borboleta azul, estivo presente connosco ao longo de todo este período noso tan marabilloso. …Ela tem sido testemuña das nosas confidencias, dos nosos momentos tristes, dos nosos momentos alegres, dos nosos momentos artísticos…En fin… Ela ten compartido connosco todo o que temos vivido nesa clase… Só deixabamos de vela cando os duendes da técnica nos xogaban unha mala pasada e quedabamos sem poder utilizar o ordenador…
Por iso hoxe tráioa ata aquí para que siga compartindo con todos nós todo o que pase de agora en diante.Teno merecido!!!
(Agradezo ao fotógrafo português Américo Vieira, amigo meu, o terme oferecido a foto, pois así podo compartila con todos vós)
Muito obrigada, Américo!!!
Os que aínda non a vistes, tamén podedes ver esta imaxe, pero en lingua castelá en:

Risos... E que continúen as visitas... Nós tamén seguiremos publicando!!!

lunes, 4 de julio de 2011

Moitas Grazas ao Todos os Nosos Lectores

Estamos hoxe aquí para dar as grazas a todas as persoas que fixeron posible que no momento actual teñamos máis de 6000 visitas...
Moitas grazas a todos os lectores por estar ahí acompañándonos!!!
Feliz verán e continuade ahí!!!
Risos...


Fai clic na imaxe para ampliala
Alumnado de 6º