miércoles, 22 de junio de 2011

A nosa despedida


Chegou o dia... Hoxe é o último día, e o último día que estamos na escola.
Hoxe temos que dicir adeus: á nosa escola, ás nosas profes, ao noso conserxe e ao noso director.
E aí vai a nosa despedida:
Botaremos de menos a todos os nosos compañeiros, en especial aos que non estarán connosco no instituto, Sonia e mais Iria B, que ainda que se separan de nós non as olvidaremos.
Queremos agradecerlle á nosa profe Mary a súa atención, dedicación e cariño e dicirlle que é a mellor profe do mundo mundial e que cando estemos na aula de francés recordaremos as súas palabras que nos foi repetindo durante estes dous anos, con ela...

Non esqueceremos os bos momentos que pasamos na escola con todos.
Isto non é un adeus ...É un ata sempre !!!!!

RISOS...


Clica na imaxe para ampliala
Daniel Fraguas, Sabela Alicia Iglesias, Estefanía Alonso, Ana Lozano, Sonia Rey, Iria Blanco... E todo...

6ºA.

martes, 21 de junio de 2011

Festival fin de Curso 3-Actuación de 6º A

Despois do cross, algúns dos corredores tiveron que cambiarse nun tempo récord, como foguetes, é dicir a fume da carozo!!! Pois... De seguida... Daba comezo a sesión de actuacións.....

E aquí temos que agradecer a axuda da nai da nosa compañeira Sonia, a nosa salvadora, que nos axudou a maquillarnos, a todas aquelas rapazas que non viñan maquilladas da casa, para despois dar esa imaxe tan espectacular que ofrecemos ao noso público!!!
Aínda tivemos tempo de darlle un repaso rápido ao baile, e tambén a correr baixamos a ver as demais actuacións, que por certo estiveron moi ben!!!

A nós tocounos actuar despois de 6º B... E... Que exitazo!!! Todos quedaron coa boca aberta!!!
Ademais de que a música era moi bonita, e que a coreografía era moi rápida e difícil, estaba executada á perfección con todos os bailaríns moi ben coordinados!!! Nalgúns saltos notabamos como o escenario se tambaleaba debaixo dos nosos pés...Parecía que se ía afundir con nós enriba... Mais nós... Non perdiamos o compás nin a tiros!!!
Os espectadores non esperaban ao final da actuación para aplaudir... Gustáballes tanto a nosa actuación que foron varias as veces que aplaudiron polo medio da canción!!!
Todo grazas á coreografía inventada por Nerea Bazarra, Marcos Landazábal e Sabela Alicia Iglesias, ás correccións e matices da profe Mary Carmen e á nosa constancia á hora dos ensaios, non só no tempo de recreo na escola, senón tamém moitas tarde nas nosas casas coa música dálle que dálle... E repite, repite, unha e outra vez...
Ao finalizar con a nosa espectacular pose, con Nerea en equilibrio sobre Sara, e todos os demais arredor, o público aplaudía tanto que parecía que saía fume das súas mans!!!
Nós mesmos estabamos sorprendidos... QUE BEN O FIXEMOS!!!! RISOS...

Aquí vos deixamos o vídeo da nosa actuación, gravada por Pedro, o noso "cámara oficial" do ano pasado e mais este "por culpa das súas lesións"!!!



Sonia Rey, Jorge Ligero,Ana Lozano, Sabela Martínez, Sabela Alicia Iglesias, Pedro Bastos, Alicia Fernández, Nerea Bazarra, Marcos Landazábal.
6º A

Festival de fin de curso 2

O sábado 18 de xuño tamén se celebrou o noso tradicional cross . Este ano conseguimos os de 6ºA quedar en moi bos postos: Na categoría alevín feminina , Sabela A quedou 11ª , Sara 9ª, Paula 6ª e Sonia quedou 3ª !!!!!!
Na categoría alevín masculina Marcos quedou de 29º,Sergio 17º , Enrique 15º, David Diz 13º, Ismael 7º e Jorge de 3º !

VER FOTOS DO CROSS

E o noso compañeiro Guillermo non puido tomar a saída por "prescrición facultativa" e permaneceu na ambulancia durante toda a carreira!!!!!
Ese día tiñamos a negra !!!!!
Aínda así, ao remate da proba subiron ao estrado a recolleren os trofeos acadados!!!!!!
Aquí tedes os vídeos da chegada á meta, gravados por Tamara, irmá do noso compañeiro David Diz...





Sonia Rey, Sabela Alicia Iglesias, Jorge Ligero, Ana Lozano, Alicia Fernández, Iria Blanco, Sabela Martínez.
6º A

Festival de fin de curso 1


O día do festival de fin de curso houbo algúns compañeiros e compañeiras que non puideron asistir por diferentes razóns. A nós deunos moita pena porque pasaran os recreos ensaiando e ao final non puideron bailar... Pero nas súas competicións quedaron moi ben clasificados...
Estefanía quedou 3ª no campionato galego de taekwondo, Maruxa quedou 4ª nos campionatos galegos de ximnasia rítmica, e o equipo de Dani quedou 3º no campionato nacional de fútbol 7...


Ah!! E ...Sabedes que ??? Pedro rompeu un brazo poucas horas antes do festival!!!!!! Coa ilusión que el tiña por bailar... Xa lle pasara o mesmo o ano pasado !!!!! Que fatalidade !!!!!
Aínda así, con brazo roto e todo foi o noso cámara... Xa vos amosaremos despois o vídeo gravado por el!!!!!! Está destinado a ser cámara !!!!!!!

Esperamos que vos guste!!!!!!!!

Sonia Rey, Sabela Alicia, Jorge Ligero, Iria Blanco, Sabela Martínez, Estefanía Alonso, Ana Lozano, Enrique Cortizo.
6ºA

lunes, 20 de junio de 2011

Presentacións Dicionario Xoán Manuel Pintos

Xa hai algún tempo participamos nun proxecto do Concello de Pontevedra relacionado co escritor galego e pontevedrés Xoán Manuel Pintos.
Concretamente nós traballamos sobre as palabras que el recolleu no seu "dicionario". Despois de estudiar as diferentes posibilidades decidimos realizar unhas presentacións powerpoint sobre diversos aspectos por el recollidos.....

Como veredes, moitos dos vocablos seleccionados, parece, que teñen erros ortográficos... Mais non é así... As palabras están escritas, tal e como el as recolleu, moito antes de que existise a Real Academia Galega, e, polo tanto, moito antes de que existisen as normas ortográficas...

Aquí vos deixamos as presentacións... Esperamos que vos gusten!!!












Pedro Bastos, Ismael Cardalda, Iria Civeira, Sabela Martínez, Enrique cortizo, Sabela Alicia Iglesias
6º A

viernes, 17 de junio de 2011

NA EXPOSICIÓN

ESTES ÚLTIMOS DÍAS DE SEXTO ESTÁN SENDO MOI ATAREFADOS: PRESENTACIÓNS, MURAIS, RECOLLEITA DE TRABALLOS PLÁSTICOS, REMATE DE PROXECTOS,VISITA AO IES (DA QUE POR CERTO NON VOS FALAMOS PORQUE ESQUECEMOS TIRAR FOTOS)... CASE NON LEMBRAMOS TODO O QUE ESTAMOS A ARGALLAR.
SEN IR MÁIS LONXE HOXE EN 6ºB ESTIVEMOS COLABORANDO NA EXPOSICIÓN QUE MAÑÁ VAI APARECER NO COLEXIO. VAI ESTAR GRANDIOSA COMO SEMPRE.

NON DEIXEDES DE VISITALA.

jueves, 16 de junio de 2011

REMATE DO PROXECTO "ELECCIÓNS"

Despois de traballar sobre as eleccións, elaboramos un texto expositivo conciso e claro. Partindo del como planificador deseñamos unha presentación para Educación para a cidadanía.
Velaquí a presentación de Antón Romaní, 6ºB.

Homenaxe á Nosa Cidade: Pontevedra

Hoxe no blogue deixámosvos un power point dedicado á nosa fermosa cidade: Pontevedra.

Como sabedes na vindeira fin de semana vaise celebrar aquí o campionato europeo de tríatlon.

Entón, Pontevedra, vai recibir moitos visitantes, que seguramente farán o mesmo percorrido que amosamos na presentación que realizou o noso compañeiro Ismael xa fai algún tempo e que queremos que sexa unha homenaxe ao bonito lugar en que vivimos.

Esperamos que vos guste e que o vencedor do campionato sexa: Javier Gómez Noya.

Ismael Cardalda Vidal, Enrique Cortizo Bautista
6ºA

jueves, 9 de junio de 2011

Imos de Camiñada


O domingo 5 de xuño o alumnado de 6ºA, a profe Mary Carmen, a profe Mª José, as nosas familias e o conserxe Paco fomos realizar unha camiñada pola senda do Lérez ...

Concentrámonos todos na praia fluvial, un marabilloso entorno para tal ocasión...
A mañá era soleada, pero como camiñamos á beira do río e tapados polas árbores non pasamos demasiado calor.
Cando xa levabamos un bo traxecto camiñado paramos na beira do río para descansar un anaco...
Houbo un momento en que nos acercamos á auga para refrescarnos e sofocar o calor...
Alí comezamos a tirar pedras para mollarnos ... A verdade é que o pasamos moi ben!!!
E acabamos coma pitos!!!

Demos a volta para dirixirnos ao Casino Mercantil onde tiñamos reservado o xantar...
Para chegar alí,collemos un atallo...
No camiño había xestas, toxos e estrugas... Que emocionante!!! Parecía a selva!!! Pero á vez era unha paisaxe moi bonita e cunha vexetación variada e diferente á de antes....
Cando chegamos ao Mercantil, tiñamos unha sede negra e unha fame... que eramos quen de comer aos nosos pais polos pés...
Cada vez que chegaba a comida case pelexabamos por ela... Non paraba nada enriba da mesa nin no prato...
Xa rematada a comilona, sorprendemos a profe Mary Carmen cuns agasallos, para agradecerlle estes dous anos tan lindos con ela...E de Paco non nos esquecemos... Dixemos unhas palabriñas...E cantamos lindas cancións...

Estes momentos quedarán para sempre no noso recordo...

Xa devolta, na praia fluvial, démonos un chapuzón todos xuntos,
Foi un dia fantástico!!!
Pasámolo de medo!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Pedro Bastos, Sabela Martínez, Daniel Fraguas, Iria Civeira, Paula Loira, Maruxa Campos.
6ºA

VER FOTOS DA CAMIÑADA

VER RUTA EN WIKILOC

jueves, 2 de junio de 2011

As Nosas Poesías 6º A

Todos os anos creamos bonitas poesías ....
Este ano ademais de escribilas tamén as recitamos...
Aquí vos deixamos unha mostra...
Clica encima da frecha para escoitar:





Maruxa Campos







Marcos M. Landazábal








Sabela Alicia Iglesias






Alicia Fernández






Sonia Rey


6º A

O Día Do Medio Ambiente

O día 5 achégase, e ... Sabedes que día é? ¡¡¡Pois o día do medio ambiente!!! Esperamos que o domingo a xente se preocupe de respectar máis a natureza, intentando producir menos residuos e lixo, que reduzan o uso do autocar e empreguen o transporte público ou a bicicleta.

Queremos que neste día a humanidade reflexione e que, polo menos, o domingo se conciencie de que temos que coidar o noso planeta.

Aquí vos deixamos o conto: "A flor máis grande do mundo" narrado polo Premio Nobel de Literatura José Saramago:



Miguel Chaves López, Marcos Landazábal García, Ismael Cardalda Vidal, Alicia Fernández Couto 6ºA