lunes, 24 de enero de 2011

DESPOIS DE TANTA MENTIRA...

TRABALLAMOS MOITO SOBRE AS MENTIRAS E AO FINAL... FIXEMOS UNHA HISTORIA PARA O SALÓN DO LIBRO. SE TEMOS TEMPO XA VOLA POREMOS ENTEIRA... POLO DE AGORA MIRADE A ESTÉTICA DAS PÁXINAS E VISITADE O SALÓN DO LIBRO PARA VER O LIBRO COMPLETO DO COLEXIO.

jueves, 13 de enero de 2011

O NOSO DEBUT TEATRAL

Algúns nenos e algunhas nenas de 6ºA fomos representar a obra de "Carapuchiña vermella" con títeres, para os nenos e as nenas de E.Infantil. Outros fomos para animar e axudar aos nenos e ás nenas a que colaborasen connosco, a contestar á obra (porque era unha obra participativa).
Primeiro fomos a 3 anos B... A nosa impresión, ao principio era que estaban en silencio e tamén cun pouco de susto... Mais, a medida que a obra avanzaba xa colaboran con nós...
Logo fomos a 3 anos A... Alí como xa tiñamos "experiencia" a cousa resultou inda mellor... E nós mesmo pasámolo xenial cos pequenos e coas pequenas interpretando e respostando... Tamén interviñan moito no desenvolvemento da obra e semellaba que non estaban asustados e asustadas para nada, senón que o pasaban moi ben amosando sorrisos nas súas caras...
Sonia,a narradora, facíao moi ben e os nenos e as nenas ríanse moito con ela...Entre as outras intérpretes queremos salientar a actuación de Maruxa,que destacaba sobre as demais...aínda que todas o fixemos ben para ser o noso debut teatral. Así,a nosa impresión foi que,estivo todo excelente...
Por certo! o estar alí de novo ...fíxonos recordar tempos pasados:a nosa infancia aos 3 anos cando recén chegados á escola estabamos nesas mesmas aulas... QUE TEMPO TAN FELIZ!!!
IRIA CIVEIRA, IRIA BLANCO, DANIEL FRAGUAS 6º A