lunes, 28 de marzo de 2011

A NOSA INSPIRACIÓN EN MORANDI E CÉZANNE

En Plástica, este trimestre, entre outras cousas, estivemos facendo cadros a imitación de Giorgio Morandi e Paul Cézanne, dous pintores espectaculares.
Inspirámonos, sobre todo, nos bodegóns.
Cada un de nós utilizou o colorido, que quería, cores escuras, claras... E...

A profe Mª Carmen sempre estaba aí para dicir a súa opinión, darnos consellos e animarnos a facer un bo traballo!
Ao principio estabamos un pouco perdidos, mais... De repente... Pedro exclamou:
-No futuro, as novas xeracións, en vez de estudar a Giorgio Morandi e Paul Cézanne terán que estudar a Daniel Fraguas e a Marcos Landazábal... Pois as súas creacións eran moi coloridas...

Esperamos que, de verdade, sexan grandes pintores no seu día...

Mais, pouco a pouco, todos fomos concentrándonos, e inspirándonos... E...
Conseguimos estas obras que ides contemplar...
Nós, creemos que son espectaculares!!!

Vós que pensades???

Ana Lozano Ferreira, Iria Blanco Sixto e Alicia Fernández Couto 6ºA

sábado, 19 de marzo de 2011

ESTAMOS CUN PROXECTO SOBRE AS VOTACIÓNS


En cidadanía estamos facendo un proxecto sobre as votacións. Imos moi lentiño pero estamos aprendendo moito.

jueves, 17 de marzo de 2011

AQUEL TALLER ESTILO MONDRIAN EN INFANTIL

Fai un tempo os rapaces e rapazas de 6ºA fomos contarlles un pouco da vida e obra de Mondrian ao alumnado de Infantil 5 anos A.
Ao principio estabamos un pouco cortados, pero pouco a pouco collemos confianza e soltámonos. As caras dos nenos e nenas amosaban entusiasmo polo que estaban a escoitar e algún atrevíase a facer comentarios espontáneos.
Nós, ao final, sentímonos mois satisfeitos polo noso traballo e resultado:
Aplaudíronnos moito!!!
¡Aah! Ata descubrimos uns debuxos que fixeramos nós cando tiñamos 5 anos:
¡¡Que emoción!!
Estas son as imaxes dese dia...



E chegou o día de levar a cabo o taller de confección das axendas.
Recollemos o alumnado de Infantil na aula de informática e marchamos cara ao laboratorio.
Alí cada un de nós encargábase de axudar a un neno ou a unha nena na elaboración da súa axenda...
Fixérono moi ben e non precisaron de tanta axuda como nós pensabamos nun principio...
Encantounos a experiencia e quereriamos repetila!!!
¡¡Que ben o pasamos!!!

Velaquí tedes as fotos:



O noso compañeiro Pedro Bastos Recarey de 6º A gravounos estas imaxes do noso traballo... E a nosa compañeira Alicia Fernández Couto tamén de 6ºA subiunas a Youtube... Desexamos que vos gusten...
Esperamos os vosos comentarios!!!



Sabela Martínez Filgueira, Nerea Bazarra López, Iria Civeira Cerviño, Maruxa Campos Rodríguez, Sabela Alicia Iglesias Sánchez, Alicia Fernández Couto, Ana Lozano Ferreira e Pedro Bastos Recarey 6ºA

domingo, 13 de marzo de 2011

viernes, 11 de marzo de 2011

TESTAMENTO E QUEIMA DE VILAVERDIÑO

Testamento e queima de Vilaverdiño

Xa sabemos que mañá remata o Entroido da nosa cidade, Pontevedra, coas manifestacións de mágoa e de dor pola morte do noso querido loro Ravachol...

Nós, na nosa escola, tamén tivemos o remate da festa co xuízo do noso galo, Vilaverdiño, que rematou reducido a cinzas...

Pero, como é tan bo, non nos deixou sen dicirnos as súas últimas vontades...
Nós, o alumnado de 6º, botámoslle unha
man, pois o pobre xa estaba nas últimas...
E non era quen de rematar o seu testamento...

O meu testamento paso relatar,
preparados todos para escoitar...

Non choredes pola miña morte,

pois aquí vos deixo a miña sorte...

Agora que me ides queimar,
unha mensaxe quero deixar:
que o ano que vén querería
ir morrer á Ferrería...

Quérolles dar as grazas
a todos os do 3º ciclo,
que me viñeron imitar
con crista, plumas e pico...

Aos meus amigos de 6º A,
as miñas plumas quero deixar,
para que neste desfile
poidan vos impresionar...

A estes nenos tan bos,
un uniforme heilles deixar,
para que vaian todos iguais,
e o vistan sen rechistar...

Aos nenos de 6º A,
un abrazo quero deixar,
para que vaian ao instituto
sorrindo, e non a chorar...

A miña bonita voz,
vai para a profe Lola,
que co seu bozarrón,
asusta a toda a escola...

Déixolle ao noso Paco,
uns cans para o xardín vixiar,

e que os bonitos camelios
en paz xa poidan medrar...


Déixolle a 6º A,

un abrazo e máis un bico,
e todo o necesario
para lucir un bo sorriso...

Á profe Mary Carmen,
todo o meu amor lle quero deixar,
e que non chore o último día
pola nosa despedida...

Déixolle a todo o profesorado,
unha morea de agasallos,
por aprenderen ao alumnado,
a facer tan bo traballo...

Neste día de Entroido,
no que todos ides de cores,
quérome despedir
de xeito que ninguén chore.


Déixolle ao noso centro
todo o meu diñeiro,
para facer reformas
e darlle un aire festeiro.


Déixolle ao conserxe Paco
un bo fertilizante,
para coidar as coníferas
e que lle medren rampantes.

Déixolle ao alumnado de Infantil,
un decorado mandil
e cando fagan o seu disfrace,
non se manchen co "Alkil".

Déixolles ás profes de Infantil
unha xerra chea de tila,
para que cando suban do recreo,
non se estresen facendo a fila.

Déixolle á profe Lola,
unhas novas castañolas,
para que baile seguido,
e nunca se sinta soa.

Déixolle ao profesorado,
un corrector automático,
para corrixir á présa,
e poder viaxar polo Ártico.

Déixolle aos de quinto,
un aviso de coidado,
que para o ano toca sexto

e véxoos moi relaxados.

Déixolle á profe de Inglés,
todos os meus "cedés",
para que así aprenda
a falar tamén francés.

Déixolle aos de sexto,
como é o último ano,
para o moito que van chorar
unha manchea de panos.

Iria Blanco Sixto, Sara Barreiro Rodríguez, Maruxa Campos Rodríguez, Daniel Fraguas Viéitez, Jorge Ligero Mallo, Sabela Martínez Filgueira, Sonia Rey Caldas e alumnado de 6º A.
Laura López Iglesias, Iván Núñez Garrido, Alexia Pousada Martín, Nadia Piñeiro Rodríguez, Antón Romaní Vázquez, Nuria Villanueva González e alumnado 6ºB.



viernes, 4 de marzo de 2011

O ENTROIDO EN 6ºB




Este ano o entroido deunos moito que facer: coplas, investigacións, receitas,carteis, ...
Ata axudamos a colocar todo para a festa!
Facer os disfraces foi o que máis!Pero pagou a pena, as nenas e os nenos de infantil estiveron todo o rato chamándonos:
- Vilaverdiños!, Vilaverdiños!

O ENTROIDO EN 6ºA

O Entroido en 6ºA

Para a celebración do entroido na escola tivemos que confeccionar o noso disfrace de galo...canta pluma tivemos que recortar e pegar!!!
Tamén debuxamos os carteis de entroido, inventamos o testamento de Vilaverdiño... E xa na festa vendemos filloas, orellas, flores e biscoitos...Canto traballo!

Menos mal que agora temos un descansiño!!!
Pero para que non nos esquezamos de todos aqueles momentos a nosa compañeira Alicia de 6º A elaborou uns vídeos que subeu a youtube para compartir connosco....A disfrutar con eles!!!
Velaí os tedes... Esperamos os vosos comentarios!!!
Remix do Entroido

A confección do disfrace

O día da festa