lunes, 20 de junio de 2011

Presentacións Dicionario Xoán Manuel Pintos

Xa hai algún tempo participamos nun proxecto do Concello de Pontevedra relacionado co escritor galego e pontevedrés Xoán Manuel Pintos.
Concretamente nós traballamos sobre as palabras que el recolleu no seu "dicionario". Despois de estudiar as diferentes posibilidades decidimos realizar unhas presentacións powerpoint sobre diversos aspectos por el recollidos.....

Como veredes, moitos dos vocablos seleccionados, parece, que teñen erros ortográficos... Mais non é así... As palabras están escritas, tal e como el as recolleu, moito antes de que existise a Real Academia Galega, e, polo tanto, moito antes de que existisen as normas ortográficas...

Aquí vos deixamos as presentacións... Esperamos que vos gusten!!!












Pedro Bastos, Ismael Cardalda, Iria Civeira, Sabela Martínez, Enrique cortizo, Sabela Alicia Iglesias
6º A

6 comentarios:

  1. Olá!!! Hoxe son eu a primeira en comentar...
    Risos...
    Coma sempre que publicamos presentacións en powerpoint hai que dicir que é unha mágoa que non se poida ver todo o traballo que hai detrás,o tempo, e a imaxinación que cada un dos autores invirteu na creación de cada unha delas...
    É unha pena que na publicación no blogue "pareza" que son "simples fotografías" e que non se poidan apreciar, os efectos de animación, as transicións de diapositivas,os gifs animados, a música...Que cada un dos "artistas" (porque son verdadeiros artistas dos efectos"...)incluiu no seu traballo...

    A verdade que todas elas son unha marabilla!!!
    parabéns a todos e cada un dos artistas...!!!

    Mary Carmen
    Profesora titora
    6º A

    ResponderEliminar
  2. Por sorte podemos ver na casa como saen esas presentacións que os nenos "cociñan" durante horas diante do ordenador.
    É sorprendente ver o derroche imaxinativo que lle poñen....

    Parabéns a todos os artistas que levan dous anos animándose co PowerPoint e máis co resto dos traballos...

    Moito ánimo e seguide por este camiño
    Risos...

    ResponderEliminar
  3. Con tantos traballos parecemos uns artístas...
    muito bem...
    RISOS...

    ResponderEliminar
  4. Temos moitos traballos, pero é verdade que estamos encantados de facelos. :)
    Tamén é verdade, que os traballos a Power Point están preciosos. Risos...

    ResponderEliminar
  5. Ola a todos e a todas:
    Quería comentar que as presentacións do dicionario de Pintos están preciosas e moi ben traballadas.
    Un saúdo do voso compañeiro
    DjDani

    ResponderEliminar
  6. Ola, Lola
    moitas gracias polo teu comentario e sobre todo polas túas bonitas palabras!!!
    Claro que na casa sabedes moi ben todo o traballo que pasan e o tempo que lle adican a cada unha das presentacións tan bonitas que os nosos artistas realizan...

    Mary Carmen
    Profesora titora
    6º A

    ResponderEliminar