lunes, 11 de julio de 2011

Unha Bolboreta Azul, Testemuña Das Nosas Vivencias

Repasando todo o que nos tiña acontecido ao longo do curso, de repente unha imaxe chegou ata min: era moi sinxela, pero moi bonita, a imaxe dunha bolboreta azul coas súas ás abertas e pousada sobre unha planta…Unha bolboreta azul, que seguro que agora todos vós, os de 6º A teredes tamén na mente: esa bolboreta azul que tanto nos gustaba!!! E que aparecía sempre que encendiamos o ordenador da nosa aula…
Foi entón cando me decatei de que ela, esta linda borboleta azul, estivo presente connosco ao longo de todo este período noso tan marabilloso. …Ela tem sido testemuña das nosas confidencias, dos nosos momentos tristes, dos nosos momentos alegres, dos nosos momentos artísticos…En fin… Ela ten compartido connosco todo o que temos vivido nesa clase… Só deixabamos de vela cando os duendes da técnica nos xogaban unha mala pasada e quedabamos sem poder utilizar o ordenador…
Por iso hoxe tráioa ata aquí para que siga compartindo con todos nós todo o que pase de agora en diante.Teno merecido!!!
(Agradezo ao fotógrafo português Américo Vieira, amigo meu, o terme oferecido a foto, pois así podo compartila con todos vós)
Muito obrigada, Américo!!!
Os que aínda non a vistes, tamén podedes ver esta imaxe, pero en lingua castelá en:

Risos... E que continúen as visitas... Nós tamén seguiremos publicando!!!

6 comentarios:

  1. Deixo aquí tamén a nosa bolboreta...
    Que continúe a partillar connosco todas as nosas vivencias...

    E a ver se o verán ten ganas de nos vir facer unha visita!!!
    Risos!!!

    ResponderEliminar
  2. E unha bonita maxe e grazas a iso chegaremos as 7.000 visitas a final de mes.
    Que sepades que eu visito todos os días o blogue eh!!
    Risos...
    Bicos...

    ResponderEliminar
  3. Ola, Ana!!!
    Tes razón que é unha bonita imaxe!!!
    Conseguiches poñela no teu ordenador???

    Seguro que chegamos ás 7000 visitas...
    Xa falta menos!!!

    Risos...
    Bicos...

    ResponderEliminar
  4. Parabéns pelo blog!!!
    Achei muito interessante!!!
    Abraço
    Nelson

    ResponderEliminar
  5. Esa inaxe trae uns bos recordos do ordenador...
    Risos.

    ResponderEliminar
  6. Ola Paula!!!
    Sí!!! Esa imaxe trae moitos bos recordos...
    Risos e bicos...
    Mary Carmen

    ResponderEliminar