viernes, 25 de febrero de 2011

WHAT A SHOW! QUE SHOW!

WHAT A SHOW! We had great fun today! We went to Vigo to see Dani Grifin. We danced and we sang his songs. We laughed, we repeated and copied. He was cool. Can we go again?
(QUE SHOW! Hoxe pasámolo en grande! Fomos a Vigo ver a Dani Grifin. Bailamos e cantamos as súas cancións. Rimos, repetimos e copiamos. Estivo xenial! Podemos voltar?)

jueves, 10 de febrero de 2011

UN POUCO MÁIS DO NOSO TRABALLO CO ALUMNADO DE INFANTIL

O día 7 de febreiro de 2011, algúns dos nenos e nenas de 6ºB contámoslles un resumo da biografía do pintor holandés Pieter Cornellius Mondrian.
Había unha narradora, que era a que contaba a historia, e 10 actuaban.
Á aula d@s peques gustoulle moito.
Velaquí as fotos do acto.

PIET MONDRIAN EN INFANTIL

Esta semana o alumnado de sexto estivemos traballando co alumnado de infantil sobre Piet Mondrian. Foi unha experiencia fermosa. Preparamos unha presentación especial, ensaiamos,... e despois fixemos un obradoiro para imitar os cadros de Mondrian co alumnado cativo. Utilizaron os deseños e as imitacións dos cadros como portadas das súas novas axendas.

miércoles, 9 de febrero de 2011

PAUL CÉZANNE E GIORGIO MORANDI



Na clase de Plástica estamos aprendendo a facer bodegóns cunha técnica paracida aos pintores Giorgio Morandi e Paul Cézanne algúns compañeiros e compañeiras fixeron unhas presentacións en Power Point sobre estes pintores. A VER SE VOS GUSTAN!!!
Enrique Cortizo, Sabela Martínez e Daniel Fraguas 6ºA


Feito por: Enrique Cortizo Bautista 6ºA

Feito por: Sabela Alicia Iglesias Sánchez 6ºA

Feito por: Pedro Bastos Recarey 6ºA

Feito por:Guillermo García Janeiro 6ºA

jueves, 3 de febrero de 2011

O DÍA DA PAZ

Na clase, despois de tomar as tortas, praticamos o baile da Paz, chamado '' O xogo da carrasquiña'' que fala de dar '' beijinhos'' e abrazos ...

Mentres que os nenos e as nenas de todos os cursos ían baixando ao patio, os alumnos e as alumnas de 6ºA do coro fixemos un mural do ''xogo da Carrasquiña"

Despois de colocar a pancarta xuntámonos ao resto do alumnado para comezar o baile.
Ao rematar, Daniel e Sabela leron os artigos 27 e 28 da constitución que redactamos para a Paz na nosa escola... Os demais alumnos e alumnas leron os outros artigos.
Máis tarde un neno de 4º soltou unhas pombas fermosas que voaron moi alto coa súa branca plumaxe ao sol...
Foi un día xenial cheo de ''beijinhos'' e abrazos.
Sabela Martínez, Iria Blanco, Maruxa Campos, Alicia Fernández e Enrique Cortizo

MERENDOLA

Estes días aproveitando que en relixión andabamos co lévedo e o formento, e que en coñecemento estudamos as mesturas e as disolucións, estamos practicando a ser cociñeiros e cociñeiras... logo traemos o produto resultante para que os compañeiros e compañeiras o saboreen...
Así o 1 de febreiro todo comezou como unha mañá normal ata que á terceira hora Pedro, Nerea e Ana repartiron as súas tortas e... ¡¡¡ Comezou a merendola!!! ¡¡¡ Estaban boísmas!!!

A profe Mª José, que estaba enferma, non sabe o que se perdeu, pois a nosa profe Mª Carmen moito se divirtiu!!!
Maruxa Campos, Sabela Martínez, Iria Blanco, Alicia Fernández e Enrique Cortizo.