jueves, 25 de noviembre de 2010

REPRESENTAMOS OBRAS PARA INFANTIL

Esta semana fomos representar unha obra chamada LA ASAMBLEA DE RATONES aos nenos e ás nenas de catro anos.
Cando chegamos, os nenos e as nenas estaban xa sentados e sentadas e en silencio, e déronnos un forte aplauso.Cando rematamos estaban encantados, gustoulles moito a nosa actuación.
A obra trataba duns ratos que tiñan un problema cun gato.

jueves, 11 de noviembre de 2010

MENTIRAS E MÁIS MENTIRAS


LEVAMOS VARIOS DÍAS TRABALLANDO COAS MENTIRAS: MENTIRAS HISTÓRICAS, TEXTOS MENTIREIROS, CARTAS CON MENTIRAS SOBRE O MAGOSTO, OBRAS DE TEATRO SOBRE XENTE MENTIREIRA... TEMOS MOITA INTRIGA... EN QUE REMATARÁ TODO ISTO?

EXPOSICIÓN DE GONZALO TORRENTE BALLESTER


O día 4 de novembro o alumnado de 6º fomos ver unha exposición de Gonzalo Torrente Ballester.
Antes de marchar cara ó museo de Pontevedra entregáronnos unhas preguntas para responder en grupo sobre a exposición que posteriormente completariamos na devandita exposición.
Na exposición puidemos observar numerosos contidos audiovisuais: Cadros, conferencias grabadas, documentales e múltiples manuscritos e obxectos personales de G.T.B.
Cando rematamos a visita, dirixímonos ao arquivo, onde observamos múltiples códices e aparellos de escritura medieval.

PLÁSTICA CON MONDRIAN

PIET MONDRIAN EN 6º

A fonte de traballo principal destes días en plástica foi a obra de Piet Mondrian. Informámonos sobre o pintor.
Nos días de inicio falamos dos seus cadros abstractos, e intentamos recrealos en papel e láminas de debuxo. Fixémolo con lapis primeiro, despois con rotuladores e por último con ceras brandas.
O venres pasado usamos o laboratorio para facer o mesmo debuxo con témperas. O próximo día faremos un colaxe, imitando a obra do devandito pintor.
Aquí vos poñemos algunhas dos nosos intentos

miércoles, 3 de noviembre de 2010

ESTAMOS TRABALLANDO CON PIET MONDRIAN

Levamos un tempo traballando con Piet Mondrian e a súa obra pictórica.
A nós gustounos moito.
A ver que vos parecen estas presentacións.