
O domingo 5 de xuño o alumnado de 6ºA, a profe Mary Carmen, a profe Mª José, as nosas familias e o conserxe Paco fomos realizar unha camiñada pola senda do Lérez ...
Concentrámonos todos na praia fluvial, un marabilloso entorno para tal ocasión...
A mañá era soleada, pero como camiñamos á beira do río e tapados polas árbores non pasamos demasiado calor.
Cando xa levabamos un bo traxecto camiñado paramos na beira do río para descansar un anaco...
Houbo un momento en que nos acercamos á auga para refrescarnos e sofocar o calor...
Alí comezamos a tirar pedras para mollarnos ... A verdade é que o pasamos moi ben!!!
E acabamos coma pitos!!!
A mañá era soleada, pero como camiñamos á beira do río e tapados polas árbores non pasamos demasiado calor.
Cando xa levabamos un bo traxecto camiñado paramos na beira do río para descansar un anaco...
Houbo un momento en que nos acercamos á auga para refrescarnos e sofocar o calor...
Alí comezamos a tirar pedras para mollarnos ... A verdade é que o pasamos moi ben!!!
E acabamos coma pitos!!!
Demos a volta para dirixirnos ao Casino Mercantil onde tiñamos reservado o xantar...
Para chegar alí,collemos un atallo...
No camiño había xestas, toxos e estrugas... Que emocionante!!! Parecía a selva!!! Pero á vez era unha paisaxe moi bonita e cunha vexetación variada e diferente á de antes....
Cando chegamos ao Mercantil, tiñamos unha sede negra e unha fame... que eramos quen de comer aos nosos pais polos pés...
Cada vez que chegaba a comida case pelexabamos por ela... Non paraba nada enriba da mesa nin no prato...
Para chegar alí,collemos un atallo...
No camiño había xestas, toxos e estrugas... Que emocionante!!! Parecía a selva!!! Pero á vez era unha paisaxe moi bonita e cunha vexetación variada e diferente á de antes....
Cando chegamos ao Mercantil, tiñamos unha sede negra e unha fame... que eramos quen de comer aos nosos pais polos pés...

Cada vez que chegaba a comida case pelexabamos por ela... Non paraba nada enriba da mesa nin no prato...
Xa rematada a comilona, sorprendemos a profe Mary Carmen cuns agasallos, para agradecerlle estes dous anos tan lindos con ela...E de Paco non nos esquecemos... Dixemos unhas palabriñas...E cantamos lindas cancións...
Estes momentos quedarán para sempre no noso recordo...
Xa devolta, na praia fluvial, démonos un chapuzón todos xuntos,
Foi un dia fantástico!!!
Pasámolo de medo!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Pedro Bastos, Sabela Martínez, Daniel Fraguas, Iria Civeira, Paula Loira, Maruxa Campos.
Foi un dia fantástico!!!
Pasámolo de medo!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Pedro Bastos, Sabela Martínez, Daniel Fraguas, Iria Civeira, Paula Loira, Maruxa Campos.
6ºA
VER FOTOS DA CAMIÑADA
VER RUTA EN WIKILOC
Foi un día moi entretido... O mellor o atallo que tomamos para chegar ao Mercantil e a comida: a pizza e o churrasco que voaban do prato antes de chegar á mesa.
ResponderEliminarEstivo xenial!!!
Gustoume tanto esta camiñada que me gustaría repetila pero sen pincharme cos toxos...Cheguei coas pernas mancadas!!!
ResponderEliminarOla compañeiros:
ResponderEliminarA verdade é que todos o pasamos "muito bem" pero eu o pasei xenial !!! A mellor parte foi cando chegamos á praia fluvial... e nos tiramos ao río a darnos un chapuzón !!!E tamén gustoume a "selva"... sabedes que selva?
Pois onde Iria C se pinchou cos toxos.
Unha aperta
DjDani
Eu non puiden ir a esta maravillosa pero longa camiñata... É unha pena porque con ver as fotos xa se sabe que o pasaron moi ben. Oxalá puidera ir...
ResponderEliminarQue divertida foi a camiñada do domingo. A todos os nenos gustarialle repetila.
ResponderEliminarEu fun e paseino xenial! A camiñata foi moi tranquila, e a comida foi moi rica :) !!!
ResponderEliminarXa Jorge ten razón que pena que eu tampouco poiden ir seguro que o pasaba xenial!!! Que mala sorte!!!
ResponderEliminarGustaríame ter ido xa que polas fotografías pasástelo muito bem...
ResponderEliminarEse dia foi xenial aínda que ao pasar por aquela mini selva eu fora dando botes como un coello pois ... !NON ME APETECíA ENCOMTRARME CUNHA SERPE OU CULEBRA¡ pasámolo moi ben na camiñada e no restaurante...A verdade é que non me importaría repetir...=)
ResponderEliminarCamiñamos tanto que as pernas quedáronnos coma dúas columnas daquelas que facían os romanos!!!
ResponderEliminarQue pena qu non puide ir!!! Pero seguro que ia pasalo moi ben cos meus compañeiros, con Paco, coa prfesora Mary Carmen Moledo etc...
ResponderEliminarFoi un día moi divertido pero, recoñezo que o que máis me gustou foi cando fixemos un descanso na metade do camiño e puidemos mollarnos uns aos outros.
ResponderEliminarGustoume moito, pero o camiño dos toxos non me chistou nadiña...Pero éche o que hai...
ResponderEliminarAdmito que foi moi divertido!!!Non me esperaba algo así... O que máis me gustou foi o sendeiro dos toxos...
ResponderEliminarO outro día paseino xenial, aínda que cheguei un pouco tarde, pero trouxen froita nunha cesta, para todos!!!!
ResponderEliminarA comida estaba deliciosa,o problema é que todos, pero todos, pelexabamos por ela, pois viñamos cunha fame....
Gustaríame repetilo, outra vez!!!!
Pero todos con bañador!!!!!!!!!!!!!!!
Risos...
Que ben o pasamos ,pero os toxos picaban moitísimo !!!! O mellor foi que pasamos todo o día xuntos e podiamos dicir que nos coñecimos un pouco máis...
ResponderEliminarEstamos moi decepcionadas cos señoritos que escribiron o texto pois... ¡¡¡olvidastesvos de mencionar a Paco!!!Xa vos vale. O que nos escoita, o que nos cura as feridas das troulas e dos recreos e o que nos abriu as suas portas durante estes nove anos, un hurra por PACO.
ResponderEliminarNon podemos dicir "muito bem"
Ola Sonia, Ana e Dolores...Tedes razón, o de Paco foi un lapsus que ás veces pasa...Ccomo vedes todo ten solución...E o lapsus xa está enmendado...
ResponderEliminarMoitas grazas por solucionar todo profe MªCarmen.
ResponderEliminarEs a mellor!!!
Gustaríame volver repetir ese día tan maravilloso...
ResponderEliminarA verdade que sí...Foi un dia maravilloso e a todos nos quedará un bonito recordo dese día...
ResponderEliminarMoitas grazas a todo o mundo: a vós nenos e nenas, por toda a ilusión e alegría compartida, aos pais e ás nais pola idea, a organización... A Paco e a Mª José tamén pola participación...
E a todos polo cariño demostrado non só ese dia senon tamén ao longo destes dous anos de experiencias compartidas...
Moitas Grazas!!!
Mary Carmen
Profesora-titora 6º A