viernes, 27 de mayo de 2011

UNHAS FOTOS PARA A ORLA

A VERDADE É QUE TEMOS CADA VEZ MÁIS PRETO O REMATE DA PRIMARIA. ESTES DÍAS ESTIVEMOS PREPARANDO AS FOTOS PARA A ORLA E ELABORANDO ARTIGOS PARA O ANUARIO. HAI MOITA ACTIVIDADE EN 6º. XA VOS SEGUIREMOS CONTANDO COUSAS E SUBIREMOS FOTOS PARA QUE VEXADES.

FEBRE DOS ENSAIOS DE FIN DE CURSO

Xa chega.....E... sabedes que chega??? Pois... o festival de Fin de Curso!!!!!! E iso quere dicir que mostraremos a todo o mundo o noso marabilloso baile e a nosa ilusión por facelo.
O ano pasado todo o mundo nos aplaudiu e triunfamos moito coa canción de Lady Gaga. Este ano van quedar coa boca tan aberta, que lles vai chegar ao chan...
E todo grazas aos nosos 4 marabillosos coreógrafos Sabela Alicia, Nerea, Marcos e a nosa estupenda profe Mary Carmen.
Aquí presentamos algunhas das frases que se están a dicir nos momentos dos ensaios ou nos momentos de inspiración dos coreógrafos:
Ao principio, Marcos, ao ver os primeiros pasos do baile exclamou :
"Yo si hago esto me voy a romper un hueso"
E volveu exclamar:
"Si los participantes de este baile hacemos este salto vamos a romper el escenario"
E a nosa profe:
"Estamos descrubiendo un talento en Marcos", xa que é o noso coreógrafo e inventou algúns pasos fantásticos... Co explicacións como:
-Miro al público y mando callar...
-Llueve..., puñetazo, puñetazo y deslizo...
-Cojo, cojo y me lo llevo...
- Salpico, salpico. bajo y me chuleo...
-Y ahora manos arriba como si fueramos al cielo!!!!!!!!!
"Temos outra coreógrafa: Sabela A!!!!!!"Exclamou a nosa profe moi ilusionada.
E respondeulle Miguel:
"Son os nosos Soleils"...
E como sempre, Jorge redactou o seu comentario connosco:
"La Voz de Galicia anuncia:

Los de 6ºA preparan el magnífico baile de Fin de Curso...

Miguel apuntou:
"Huele a FAMA!!!!!!!!!!

ESTE É O NOSO ÚLTIMO ANO E POREMOS TODO O NOSO EMPEÑO NESTE BAILE!!!!!!!!

O noso compañeiro Pedro Bastos, o ano pasado estaba lesionado e non puido bailar... Pero iso serviu para que fose o noso cámara e gravou a nosa actuación... Cando miredes o vídeo observaredes que falta un pouquiño do final... Non foi culpa de Pedro, o camara... Senón da cámara que quedou sen batería... Aínda así paga a pena que o miredes...
Aquí vos deixamos o vídeo da actuación do ano pasado, gravada por Pedro e subida a youtube, como ven sendo xa habitual pola nosa compañeira Alicia...


Sabela Martínez, Sonia Rey, Daniel Fraguas, Iria Blanco, Pedro Bastos, Alicia Fernández 6º A

viernes, 20 de mayo de 2011

O PROXECTO SOBRE AS VOTACIÓNS

Agora que estamos en período electoral volvemos relanzar en 6ºB o noso proxecto sobre as votacións. Velaquí unhas fotos.



A VERDADE É QUE HAI UNHA ENORME CANTIDADE DE PALABRAS RELACIONADAS COAS ELECCIÓNS!!!
ESTAMOS RECOLLENDO A INFORMACIÓN NUN MURAL EN FORMA DE CADRO DE MONDRIAN...

martes, 10 de mayo de 2011

FOTONOVELA EXCURSIÓN

POR FIN DEMOS REMATADO A FOTONOVELA DA EXCURSIÓN. DENDE QUE VOLTAMOS DA ESXCURSIÓN ESTIVEMOS TRABALLANDO SOBRE A REDACCIÓN DUN TEXTO FOTONOVELA, QUERIAMOS FACELA TAN PERFECTA QUE NOS LEVOU MOITO TEMPO...SUBIMOS AQUÍ PARTE DA MESMA.

lunes, 9 de mayo de 2011

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO MASCOTA Campeonato Europeo de Tríatlon

Un día, ao chegar de educación Física, chegamos á clase, e a profe Mary Carmen, toda contenta, anunciounos:
_Alguén de 6º A gañou no concurso das mascotas do tríatlon...Adiviñades quen???
Todos amosamos un sorriso, mas non diciamos nin pío...
Entón, a profe, mirou para min... Pero eu non pensaba que era eu...
-Quen, eu???, exclamei incrédulo...
A profe lanzou un claro SIIII...E por detrás miña, unhas voces berraban:
_Parabéns, Dani,moi ben , presi...!!!
Eu non o podía crer... O primeiro clasificado da categoría B (de 9 a 12 anos)...Xa estaba desexando que chegara o día da entrega de premios...
Cando por fin ese día chegou, o martes 3 de maio, estaba nerviosísimo... Ás doce da mañá, miña nai veu buscarme á escola, pois ás 13,30 tiñamos que estar na casa do concello ... Cheguei á casa e cambieime o máis rápido posible. Coas présas, case poño a camisa do revés...
E a miña nai, histérica:
- Bule, que non chegamos... Peitéate...
Xa chegados ao concello, encontramos ao director... E unha señora, moi amable, por certo, indicounos o camiño. E por fin chegamos a dentro dunha sala... Aquela fría e aburrida sala... Sentáronnos arredor dunha mesa,a esperar...
Cando xa deu comezo a entrega de premios, eu non paraba cos nervios...Estaba todo o tempo xirando na cadeira...
Por fin!!! Xa me tocaba!!! Ao escoitar o meu nome, fun correndo a polo premio... E voltei para o meu sitio cun sorriso de orella a orella... Sentía unha emoción...Estaba satisfeito de min mesmo...
Xa na casa miña nai comentou que estaba moi orgullosa de min.
Eu, tamén me sentía moi orgulloso de min mesmo...




E aquí podedes ver un vídeo da entrega de premios, gravado por meu pai. Alicia Fernández Couto unha compañeira miña de 6º A subiuno a youtube:



Daniel Fraguas Viéitez
Alicia Fernández Couto 6ºA

lunes, 2 de mayo de 2011

AMEDEO MODIGLIANI E LUIS SEOANE

Neste terceiro trimestre comezamos a estudar e coñecer as técnicas destes dous novos pintores:
Amedeo Modigliani e Luis Seoane.
Primeiramente informámonos sobre a vida e obra destes dous pintores.
Os resultados plasmámolos en traballos realizados sobre cartolina ou tamén con presentacións en Power Point...
A continuación, o que máis nos interesou foi a súa maneira de retratar a persoas... E bótandolle imaxinación, nós, tratando de ser coma eles, inventamos retratos e formas novas de crear novos cadros.
Cos nosos estilos de pintar, realizamos os nosos retratos artisticamente.
Cada un de nós facía a súa creación usando a súa imaxinación e fantasía.
Algúns compañeiros e compañeiras xa remataron os seus traballos e as súas obras están expostas nas paredes da nosa clase.
Con tanto colorido, non se ve nin un ladrillo!!!
Quedaron preciosos!!!
Agora aquí vos deixamos unha mostra dalgúns dos traballos realizados en Power Point:
A ver se vos gustan:
Esperamos os vosos comentarios...





Guillermo García Janeiro , Maruxa Campos Rodríguez,Iria Blanco Sixto,Enrique Cortizo Bautista e Daniel Fraguas Viéitez 6 ºA