lunes, 9 de julio de 2012

Cerrado... Por vacacións!!!

Bem… E agora que xa rematou o curso… Agora que xa sei dos vosos éxitos no instituto... Agora... Xa é hora de cerrar, a lo menos temporalmente, este blog no que tantas ilusións puxemos, xunto co noso traballo e que tantas alegrías nos trouxo...
E facémolo com este corazón cheo de nós e co vídeo da nosa actuación de fin de curso... Que segue imparable em Youtube com más de 8700 visitas...
 
Agora sí que xá é... Ata sempre!!! Con moitos risos!!!

domingo, 26 de febrero de 2012

E Xa 10.000 Visitas!!

E así pouquiño a pouquiño xa temos conseguidas as 10.000 visitas...
Moitas grazas a todos por estar ahí...

domingo, 19 de febrero de 2012

E Xa Estamos No Entroido: Viva O Carnaval

E agora que estamos no Entroido aquí vos deixo unhas cantas fotos do carnaval do ano pasado... Algunhas xa as coñecedes porque con elas elaboráronse os vídeos...
Aí poderedes ver outra vez como nos divertimos confeccionando os disfraces, maquillándonos... E xa na festa bailando e tamén vendendo filloas, orellas...

 VER AQUÍ TODAS AS FOTOS DO ENTROIDO 2011

lunes, 30 de enero de 2012

Día De La Paz

¡Hola chicos y chicas!!!
Ya sabéis que hoy se celebra el día de la paz... Y ya conocéis cómo se celebra también en el cole...
Pues yo estos días estuve algo triste pues recordaba la misma situación el año pasado... Cómo ensayábamos el baile y la canción que teníamos que realizar después en el patio... Y... Sólo quiero decir que os echo mucho de menos... 
Os dejo unas palabras de Gandhi, el líder pacifista cuya muerte se conmemora hoy y en cuyo honor se celebra hoy el día de la no violencia:
"La vida me ha enseñado que la gente es amable, si yo soy amable; que las personas están tristes, si estoy triste; que todos me quieren, si yo los quiero; que todos son malos, si yo los odio; que hay caras sonrientes, si les sonrío; que hay caras amargas, si estoy amargado; que el mundo está feliz, si yo soy feliz... Que las personas son agradecidas, si yo soy agradecido.
La vida es como un espejo: Si sonrío, el espejo me devuelve la sonrisa. La actitud que tome frente a la vida, es la misma que la vida tomará ante  mí.
“El que quiera ser amado, que ame”.
También os dejo unas fotos del año pasado... Ya sabéis que el año pasado publicamos algunas...Muy poquitas... Ahora os pongo todas... Que las disfrutéis... 
Muchos besos... Y como siempre... RISOS...
VER TODAS LAS FOTOS DE LA PAZ 

miércoles, 11 de enero de 2012

Y Otra Vez En El Instituto

Pues sí... ¡Después de las fiestas toca volver al instituto, a hincar los codos otra vez y tratar de mantener o superar las notas que habéis conseguido en el primer trimestre!!!
En el cole por otro lado también seguimos con la rutina...
El primer día de vuelta a clase al abrir la puerta lo primero que me encontré fueron los dibujos y las palabras que dejasteis en el encerado...

Síiii!!! Todavía estaban allí!!! Y he de confesaros que me emocioné... Pues eran una muestra de vuestro cariño...

¿Y sabéis??? Mis alumnos y alumnas de este año no quieren que se borren... Y todavía siguen allí... Así que yo sigo con vosotros en mi mente y en mi corazón... Nunca nos olvidaremos!!!

Bicos... Sorrisos e Risos...
Mary Carmen Moledo
Tutora 6º A 2010-2011

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Retorno Á Nosa Escola No Día Da Chocolatada

Hoxe 21 de decembro voltamos á nosa escola!!!!

Nós sabiamos que era...
O día da chocolatada!!! E... mortos de fame, chegamos á escola onde vimos a nosa querida profe Mary Carmen.
A profe recibiunos cun sorriso debuxado na cara.

Xa era a hora e todos empezamos a tomar chocolate e rosca...

TODO ESTABA BOÍSIMO!!!!!!!!
Ao rematar falamos coa profe,rimos e escoitamos música.

Visitamos a todas as demais profes, que tamén nos recibiron con un forte abrazo e un bico.

Xa era o momento de regresar as nosas casas así que nos despedimos de todos.

QUE BEN O PASAMOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
RISOS E BICOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
E ata a próxima!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Iria Civeira E Paula Loira   6º A :-))

CLICAR AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS 

viernes, 16 de septiembre de 2011

Xa Estamos No Instituto!!!



E... Ben... Agora, despois das vacacións, si que comeza de veras unha nova etapa educativa nas vosas vidas...
Xa estades no Instituto!
Agora tedes que facer frente a todas as novas experiencias de ser os mais pequenos, de ser os recén chegados...
Ao comezo parecerá un pouco difícil...mais xa veredes como pouco a pouco ídeslle collendo o truquiño... E o ritmo necesario para triunfar!!! Estou segurísima!!!

Xa sabedes que na escola, nesta escola, esperamos sempre con ansia as vosas noticias... E con ilusión e cariño as vosas visitas...
Ánimo  a todos e todas e... Ata sempre!!!

Un bico e un abrazo ... E sempre, sempre moitos RISOS!!! 
Mary Carmen Moledo

miércoles, 10 de agosto de 2011

Aqueles Xogos Na Alameda De Pontevedra

Alá polo mes de marzo, xusto co comezo da primavera participamos, con outras escolas, nuns xogos colectivos organizados polo Concello de Pontevedra.


Aquel día a mañá presentouse magnífica, sen nubes e co sol lucindo no alto do ceo.
O escenario elexido, a alameda de Pontevedra, e os seus arredores, contribuiu ao éxito da xornada...
Para todos resultou unha bonita experiencia e pasámolo de maravilla!!!

SE FACEDES CLIC AQUÍ PODEREDES VER AS FOTOS DOS XOGOS DESE DÍA

E AQUÍ VOS DEIXO UN VÍDEO TAMÉN COS XOGOS... DESFRUTADE!!! ...RISOS...

jueves, 28 de julio de 2011

Os Nosos Retratos 6º A

Lembrades aqueles retratos que debuxaramos xa hai algún tempo???
Ao final non puideron ser publicados no seu momento.....
Mais agora parece que lles chegou a hora...
Non están todos, fixen unha pequena selección...

Como perdín a "chuleta" cos nomes dos autores e os títulos, deixei os artistas sen nomear e "rebauticei" os retratos... Espero que vos gusten os títulos que elexín...
Aquí volos deixo:


martes, 19 de julio de 2011

"Cambio de look"

Como estades a ver, estes días decidinme a darlle un pequeno "cambio de look" ao blog...
Tamén deixo no lado dereito, os nosos vídeos, os vídeos que fomos elaborando ao longo do curso, por se queredes volvelos a ver e que non teñades que estar a buscalos polo blog adiante...

Por suposto non podían faltar os vídeos dos nosos bailes de fin de curso: o de 5º e o de 6º...
Por certo, que o baile de 6º está sendo todo un éxito en Youtube!!! 
Fantástico!!!!
Risos

lunes, 11 de julio de 2011

Unha Bolboreta Azul, Testemuña Das Nosas Vivencias

Repasando todo o que nos tiña acontecido ao longo do curso, de repente unha imaxe chegou ata min: era moi sinxela, pero moi bonita, a imaxe dunha bolboreta azul coas súas ás abertas e pousada sobre unha planta…Unha bolboreta azul, que seguro que agora todos vós, os de 6º A teredes tamén na mente: esa bolboreta azul que tanto nos gustaba!!! E que aparecía sempre que encendiamos o ordenador da nosa aula…
Foi entón cando me decatei de que ela, esta linda borboleta azul, estivo presente connosco ao longo de todo este período noso tan marabilloso. …Ela tem sido testemuña das nosas confidencias, dos nosos momentos tristes, dos nosos momentos alegres, dos nosos momentos artísticos…En fin… Ela ten compartido connosco todo o que temos vivido nesa clase… Só deixabamos de vela cando os duendes da técnica nos xogaban unha mala pasada e quedabamos sem poder utilizar o ordenador…
Por iso hoxe tráioa ata aquí para que siga compartindo con todos nós todo o que pase de agora en diante.Teno merecido!!!
(Agradezo ao fotógrafo português Américo Vieira, amigo meu, o terme oferecido a foto, pois así podo compartila con todos vós)
Muito obrigada, Américo!!!
Os que aínda non a vistes, tamén podedes ver esta imaxe, pero en lingua castelá en:

Risos... E que continúen as visitas... Nós tamén seguiremos publicando!!!

lunes, 4 de julio de 2011

Moitas Grazas ao Todos os Nosos Lectores

Estamos hoxe aquí para dar as grazas a todas as persoas que fixeron posible que no momento actual teñamos máis de 6000 visitas...
Moitas grazas a todos os lectores por estar ahí acompañándonos!!!
Feliz verán e continuade ahí!!!
Risos...


Fai clic na imaxe para ampliala
Alumnado de 6º

miércoles, 22 de junio de 2011

A nosa despedida


Chegou o dia... Hoxe é o último día, e o último día que estamos na escola.
Hoxe temos que dicir adeus: á nosa escola, ás nosas profes, ao noso conserxe e ao noso director.
E aí vai a nosa despedida:
Botaremos de menos a todos os nosos compañeiros, en especial aos que non estarán connosco no instituto, Sonia e mais Iria B, que ainda que se separan de nós non as olvidaremos.
Queremos agradecerlle á nosa profe Mary a súa atención, dedicación e cariño e dicirlle que é a mellor profe do mundo mundial e que cando estemos na aula de francés recordaremos as súas palabras que nos foi repetindo durante estes dous anos, con ela...

Non esqueceremos os bos momentos que pasamos na escola con todos.
Isto non é un adeus ...É un ata sempre !!!!!

RISOS...


Clica na imaxe para ampliala
Daniel Fraguas, Sabela Alicia Iglesias, Estefanía Alonso, Ana Lozano, Sonia Rey, Iria Blanco... E todo...

6ºA.

martes, 21 de junio de 2011

Festival fin de Curso 3-Actuación de 6º A

Despois do cross, algúns dos corredores tiveron que cambiarse nun tempo récord, como foguetes, é dicir a fume da carozo!!! Pois... De seguida... Daba comezo a sesión de actuacións.....

E aquí temos que agradecer a axuda da nai da nosa compañeira Sonia, a nosa salvadora, que nos axudou a maquillarnos, a todas aquelas rapazas que non viñan maquilladas da casa, para despois dar esa imaxe tan espectacular que ofrecemos ao noso público!!!
Aínda tivemos tempo de darlle un repaso rápido ao baile, e tambén a correr baixamos a ver as demais actuacións, que por certo estiveron moi ben!!!

A nós tocounos actuar despois de 6º B... E... Que exitazo!!! Todos quedaron coa boca aberta!!!
Ademais de que a música era moi bonita, e que a coreografía era moi rápida e difícil, estaba executada á perfección con todos os bailaríns moi ben coordinados!!! Nalgúns saltos notabamos como o escenario se tambaleaba debaixo dos nosos pés...Parecía que se ía afundir con nós enriba... Mais nós... Non perdiamos o compás nin a tiros!!!
Os espectadores non esperaban ao final da actuación para aplaudir... Gustáballes tanto a nosa actuación que foron varias as veces que aplaudiron polo medio da canción!!!
Todo grazas á coreografía inventada por Nerea Bazarra, Marcos Landazábal e Sabela Alicia Iglesias, ás correccións e matices da profe Mary Carmen e á nosa constancia á hora dos ensaios, non só no tempo de recreo na escola, senón tamém moitas tarde nas nosas casas coa música dálle que dálle... E repite, repite, unha e outra vez...
Ao finalizar con a nosa espectacular pose, con Nerea en equilibrio sobre Sara, e todos os demais arredor, o público aplaudía tanto que parecía que saía fume das súas mans!!!
Nós mesmos estabamos sorprendidos... QUE BEN O FIXEMOS!!!! RISOS...

Aquí vos deixamos o vídeo da nosa actuación, gravada por Pedro, o noso "cámara oficial" do ano pasado e mais este "por culpa das súas lesións"!!!



Sonia Rey, Jorge Ligero,Ana Lozano, Sabela Martínez, Sabela Alicia Iglesias, Pedro Bastos, Alicia Fernández, Nerea Bazarra, Marcos Landazábal.
6º A

Festival de fin de curso 2

O sábado 18 de xuño tamén se celebrou o noso tradicional cross . Este ano conseguimos os de 6ºA quedar en moi bos postos: Na categoría alevín feminina , Sabela A quedou 11ª , Sara 9ª, Paula 6ª e Sonia quedou 3ª !!!!!!
Na categoría alevín masculina Marcos quedou de 29º,Sergio 17º , Enrique 15º, David Diz 13º, Ismael 7º e Jorge de 3º !

VER FOTOS DO CROSS

E o noso compañeiro Guillermo non puido tomar a saída por "prescrición facultativa" e permaneceu na ambulancia durante toda a carreira!!!!!
Ese día tiñamos a negra !!!!!
Aínda así, ao remate da proba subiron ao estrado a recolleren os trofeos acadados!!!!!!
Aquí tedes os vídeos da chegada á meta, gravados por Tamara, irmá do noso compañeiro David Diz...





Sonia Rey, Sabela Alicia Iglesias, Jorge Ligero, Ana Lozano, Alicia Fernández, Iria Blanco, Sabela Martínez.
6º A

Festival de fin de curso 1


O día do festival de fin de curso houbo algúns compañeiros e compañeiras que non puideron asistir por diferentes razóns. A nós deunos moita pena porque pasaran os recreos ensaiando e ao final non puideron bailar... Pero nas súas competicións quedaron moi ben clasificados...
Estefanía quedou 3ª no campionato galego de taekwondo, Maruxa quedou 4ª nos campionatos galegos de ximnasia rítmica, e o equipo de Dani quedou 3º no campionato nacional de fútbol 7...


Ah!! E ...Sabedes que ??? Pedro rompeu un brazo poucas horas antes do festival!!!!!! Coa ilusión que el tiña por bailar... Xa lle pasara o mesmo o ano pasado !!!!! Que fatalidade !!!!!
Aínda así, con brazo roto e todo foi o noso cámara... Xa vos amosaremos despois o vídeo gravado por el!!!!!! Está destinado a ser cámara !!!!!!!

Esperamos que vos guste!!!!!!!!

Sonia Rey, Sabela Alicia, Jorge Ligero, Iria Blanco, Sabela Martínez, Estefanía Alonso, Ana Lozano, Enrique Cortizo.
6ºA

lunes, 20 de junio de 2011

Presentacións Dicionario Xoán Manuel Pintos

Xa hai algún tempo participamos nun proxecto do Concello de Pontevedra relacionado co escritor galego e pontevedrés Xoán Manuel Pintos.
Concretamente nós traballamos sobre as palabras que el recolleu no seu "dicionario". Despois de estudiar as diferentes posibilidades decidimos realizar unhas presentacións powerpoint sobre diversos aspectos por el recollidos.....

Como veredes, moitos dos vocablos seleccionados, parece, que teñen erros ortográficos... Mais non é así... As palabras están escritas, tal e como el as recolleu, moito antes de que existise a Real Academia Galega, e, polo tanto, moito antes de que existisen as normas ortográficas...

Aquí vos deixamos as presentacións... Esperamos que vos gusten!!!












Pedro Bastos, Ismael Cardalda, Iria Civeira, Sabela Martínez, Enrique cortizo, Sabela Alicia Iglesias
6º A

viernes, 17 de junio de 2011

NA EXPOSICIÓN

ESTES ÚLTIMOS DÍAS DE SEXTO ESTÁN SENDO MOI ATAREFADOS: PRESENTACIÓNS, MURAIS, RECOLLEITA DE TRABALLOS PLÁSTICOS, REMATE DE PROXECTOS,VISITA AO IES (DA QUE POR CERTO NON VOS FALAMOS PORQUE ESQUECEMOS TIRAR FOTOS)... CASE NON LEMBRAMOS TODO O QUE ESTAMOS A ARGALLAR.
SEN IR MÁIS LONXE HOXE EN 6ºB ESTIVEMOS COLABORANDO NA EXPOSICIÓN QUE MAÑÁ VAI APARECER NO COLEXIO. VAI ESTAR GRANDIOSA COMO SEMPRE.

NON DEIXEDES DE VISITALA.

jueves, 16 de junio de 2011

REMATE DO PROXECTO "ELECCIÓNS"

Despois de traballar sobre as eleccións, elaboramos un texto expositivo conciso e claro. Partindo del como planificador deseñamos unha presentación para Educación para a cidadanía.
Velaquí a presentación de Antón Romaní, 6ºB.

Homenaxe á Nosa Cidade: Pontevedra

Hoxe no blogue deixámosvos un power point dedicado á nosa fermosa cidade: Pontevedra.

Como sabedes na vindeira fin de semana vaise celebrar aquí o campionato europeo de tríatlon.

Entón, Pontevedra, vai recibir moitos visitantes, que seguramente farán o mesmo percorrido que amosamos na presentación que realizou o noso compañeiro Ismael xa fai algún tempo e que queremos que sexa unha homenaxe ao bonito lugar en que vivimos.

Esperamos que vos guste e que o vencedor do campionato sexa: Javier Gómez Noya.

Ismael Cardalda Vidal, Enrique Cortizo Bautista
6ºA