jueves, 11 de noviembre de 2010

PLÁSTICA CON MONDRIAN

PIET MONDRIAN EN 6º

A fonte de traballo principal destes días en plástica foi a obra de Piet Mondrian. Informámonos sobre o pintor.
Nos días de inicio falamos dos seus cadros abstractos, e intentamos recrealos en papel e láminas de debuxo. Fixémolo con lapis primeiro, despois con rotuladores e por último con ceras brandas.
O venres pasado usamos o laboratorio para facer o mesmo debuxo con témperas. O próximo día faremos un colaxe, imitando a obra do devandito pintor.
Aquí vos poñemos algunhas dos nosos intentos

3 comentarios: